sexta-feira, 12 de julho de 2024

Alegacións ás minas de litio nas bisbarras de Monterrei e A Limia

Dende o grupo Ecologistas Galego-Transmontano animamos a todas as persoas interesadas no futuro do territorio, da sociedade rural, da calidade das augas, a que presentedes alegacións ás minas de litio nas bisbarras de Monterrei e A Limia. 

Ecoloxistas Galiza, Atlántica e Verde:

Prazo ata 22 xullo!

O proxecto está en período de alegacións, e aquí poñemos á vosa disposición as alegacións redactadas por Petón de Lobo para as 3 minas de litio proxectadas en Ourense. Lembrade que se poden entregar tanto de forma presencial como virtual. Desde a asociación xa as enviamos e animamos a que se envíen as máximas posibles.

Alegacións ao permiso de investigación “Novo Arboim” en pdf y en word (Oímbra)

Alegacións ao permiso de investigación “Novo Frixo” en pdf y en word (Laza, Sarreaus e Cualedro)

Alegacións ao permiso de investigación “Novo Cima” en pdf y en word (Verín e Vilardevós)

E recordade, se tedes dúbidas de como presentar as alegacións podedes acceder ao NOSO MANUAL onde vos ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital!

https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/alegacions-minas-de-litio-en-ourense/